Asociación de Vítimas do Caciquismo
martes, 25 de octubre de 2011
É a hora de dar un paso adiante. Vai?
Entrementres, queda posposta a constitución da Asociación de Vítimas do Caciquismo, prevista para o 28 de Outubro, agardando que outras persoas que, cumprindo a máxima de ecuanimidade política, desexen seguir adiante con este proxecto, tan necesario para a nosa sociedade, un proxecto que trata de deseñar o verdadeiro perfil do cacique, unha persoa que delinque na procura dos seus intereses, e que o fai en grupo, apoiándose nunha organización criminal mafiosa, a que eles chaman partido político. Galicia ten a necesidade de facer visible a crueldade dos seus actos criminais así como que, detrás de cada un deses actos, hai sempre ducias de vítimas que sobreviven entre os seus opresores ou se ven na obriga de marcharse desta benquerida terra.
Entanto, a Asociación de Vítimas do Caciquismo, seguirase facendo eco sobre cantos casos teña coñecemento, mais non coa imparciabilidade (si iso se pode dicir en canto que a maioría das denuncias están fundadas no que ocorre a meu redor) que deica agora a caracterizaba.
O que nunca deixarei de facer, a modo persoal, e silenciar canto acto caciquil se me presente diante, ben afectándome a min persoalmente, ben a persoas do meu contorno. Sempre me atoparedes fronte aos caciques, fronte aos criminais que nos gobernan.
jueves, 20 de octubre de 2011
“O cidadán espera que Baltar lle faga un favor algún día”
radiofusión
facebook.com/radiofusion
@arredordenos
Non puido ser nun salón de actos da Deputación de Ourense, nin tampouco no de Novacaixagalicia, que responderon ora alegando problemas de axenda, ora mediante o silencio administrativo. Así que será finalmente o venres 28, no Ateneo da cidade das Burgas, cando se celebre a asemblea constituínte da Asociación de Vítimas do Caciquismo (AVC), un colectivo que pretende restituír os dereitos dos afectados polo uso espurio da política sacando á luz, con nomes e apelidos, aos protagonistas e beneficiarios das tramas de nepotismo na administración galega, nomeadamente na propia institución provincial. O promotor do colectivo, Xosé Dorrío, explicou en Radiofusiòn que el mesmo foi vítima do caciquismo: “Presenteime a postos na Deputación sabendo que non eran para min e o nome das persoas que ían gañar eses postos”. “Acertei todas”, revela.
[+ en radiofusión]
A Asemblea Constituínte da nova Asociación de Vítimas do Caciquismo pensa instaurar a partir da xuntanza do día 28 o Premio ao Cacique do Ano, para o cal ten as votacións abertas no seu perfil de Facebook. O vencedor daralle nome ao galardón. Polo de agora, arrasa Baltar.Entrevista con Xosé Dorrío, voceiro da nova Asociación de Vítimas do Caciquismo
viernes, 14 de octubre de 2011
A Asociación de Vítimas do Caciquismo en Galicia Confidencia

Nace a primeira asociación contra o caciquismo en Galicia
A Asociación de Vítimas do Caciquismo (AVC) nace cunha misión específica: rematar coas prácticas caciquís en Galicia e, en particular, en Ourense, lugar onde se pon en marcha esta iniciativa. O seu primeiro "Cacique do Ano" é Xosé Luis Baltar.
Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/10/2011
"Loitamos contra as prácticas que están levando á morte da nosa sociedade por inanición, submisión e falla de crítica aberta", asegura Xosé Dorrío, o principal impulsor desta nova asociación. Entre as máximas da AVC están; prestar o máximo apoio as "vítimas silentes, constrinxidas aquí ou emigradas máis alá". Para acadar estes obxectivos, e facer visible a problemática, realizará unha estratexia de denuncia constante de políticos, entidades e persoas beneficiadas por dita práctica, sempre facendo público o nome e apelidos das persoas responsables.
A AVC creará premios de carácter anual así como estudos sociolóxicos sobre a incidencia do caciquismo na nosa terra, apoiará ás persoas afectadas, denunciará públicamente eses feitos, mesmo nas administracións públicas e xudiciais e incidirá na conduta social cara esta práctica provocando "unha evolución que nos leve a condena e persecución de todas e cada unha das persoas que a realizan".
O caciquismo é un delito
E é que o principal obxectivo é concienciar á sociedade de que a práctica do caciquismo é un delito --prevaricación, tráfico de influencias, uso fraudulento de fondos públicos, fraude continuado na contratación de persoal, etc.--, unha práctica "insolidaria", porque cando se beneficia a unha persoa ou entidade estase prexudicando a outras moitas e un acto "mafioso", en canto se realiza con secretismo por supostas organizacións criminais que "están vencelladas a partidos políticos, organizacións de empresarios, sindicato... en aras de manter un status social privilexiado sobre o resto das persoas".
"Si consideramos que sempre foi así, que non hai que facerlle, que hai que ir indo, sometidos, quen sabe si agardando que algún día nos beneficie, ou mesmo afirmamos que o caciquismo non existe, a AVC non ten sentido de ser. Agora que, si un día espertamos e vemos que estamos nun mundo onde unha persoa non se lle valora polo que é senón polo que non é, polo que paga por ser, si vemos como cada día nos pasan por enriba ou nos adiantan polas beiras sen o máis mínimo esforzo persoal xente a que logo se lles dá a capacidade para dirixirnos a nós, e todo iso nos parece anormal, entón si, precisamos de alguén que nos axude a mudalo. Tomar consciencia do que nos sucede é o primeiro paso para a evolución social de Galicia, aínda moi arraigada nos inicios do século XIX", ", apunta Dorrío.
Obxectivos
Os obxectivos da AVC publicaronse hai un ano nunha páxina de Facebook :
- Impulsar o recoñecemento social de tódalas vítimas que séculos de caciquismo deixaron na sociedade galega, facéndoas visibles cara a sociedade a elas e a seus causantes, mesmo realizando memorias de persoeiros que a sufriron.
- Dar publicidade ás cacicadas realizadas polos responsables das administracións públicas e entes privados.
- Esixir responsabilidades políticas, sociais e/ou económicas, vía administrativa e xudicial ás persoas que realizasen accións dirixidas a beneficiar a unha persoa, física ou xurídica, en prexuízo de moitas outras, as vítimas.
- Prestar apoio psicolóxico as vítimas das cacicadas realizadas e reforzo psicolóxico para enfrontarse a unha sociedade que aínda asume como normal esta forma de concepción social.
A AVC pretende acadar estes obxectivos co traballo colaborativo dos seus socios e non coa subvención dunha administración porque considera que é aí, nas axudas e as subvencións, onde se atopa a xénese do caciquismo actual. "Unha axuda, un amigo, un cacique. Unha cousa leva a outra de xeito irremediable, por iso os estatutos da AVC recollerán de xeito explícito que non concorrerá ao financiamento público", afirma Dorrío. Serán os seus socios quen voluntariamente a financiarán así como aquelas entidades que libres de caciquismo, queiran amosar o seu apoio a creación dunha sociedade máis xusta, solidaria, crítica e verdadeiramente competitiva.
Atrancos
Dende que amosaron interese en constituírse formalmente e levar a cabo os obxectivos marcados no inicio desta andaina comezaron os atrancos. Solicitaron á Deputación de Ourense un Salón de Actos e negáronllo sen máis explicación que para esa data e hora xa estaba reservado. Posto que non deron explicacións insistiron na súa petición así como que fora esta institución a que marcara unha data alternativa para celebrar o acto constituínte da AVC. Aínda non teñen resposta. "A alternativa a esta cacicada non é outra que o Centro de Desenvolvemento Económico de Novacaixagalicia, sempre e cando as presións políticas ás que estas entidades están sometidas non nos afecten. Si a resposta é negativa… sempre nos queda a praza pública!", conclúe.
Claro que, dende aquela, xurdiron máis atrancos. Novacaixagalicia negóunos o espazo do que dispón, que tamén foi costruído con cartos dos aforradores ourensáns, coa escusa de que o necesita para actividades internas na empresa... En fin, resulta menos crible que a reserva da Deputación de Ourense, pois neste caso, antes de solicitalo por escrito me confirmaran por teléfono que estaba libre e, de supeto, nunha ponte teñen nel actividades internas. Necesitarano os executivos das caixzas para repartir o botín que nos roubaron a tódolos galegos, abofé. Necesitarano para que a mafia.
Afortunadamente o Ateneo de Ourense préstase para que poidamos realizar o acto constituínte, pero para o venres 28 de outubro, e isto sempre e cando non o necesiten para eles mesmos, pois están pasando por serios problemas. Ao ser un día de semana seguro que a moitos vos será difícil vir, pero ben, o que é constituirse legalmente, farase por máis que a organización criminal dos caciques ourensáns nos poñan atrancos.
Molestos por enfrontarse ao caciquismo. Mellor!, en Galicia Confidencial
martes, 4 de octubre de 2011
Down Ourense, outro exemplo de caciquismo
A verdade é que esta páxina comeza a parecerse a un diario das cacicadas que sufro en primeira persoa, mais son, entre as moitas que recibo, das poucas das que realmente podo dar conta coa certeza con que o fago. Da derradeira tiven coñecemento fai preto dun mes, xa que dende a Oficina Virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) aparecía unha oferta para min, esta:O día 7 de setembro o estado da oferta era ATENDIDA. Ao día seguinte, CONCLUÍDA. Eu, como candidato podo asegurar que non me chamaron para entrevistarme e atreveríame a dicir o propio sobre outros oito dos dez que foron incluídos. A praza estaba xa dada a unha traballadora da entidade dende antes de presentar a oferta no SPEG coa que, ao parecer, "estaban moi satisfeitos".
Que significa isto? Isto significa que se utilizan axudas públicas para contratacións temporais para manter un cadro de persoal, de feito, indefinido na entidade. Con isto queda contente a entidade e tamén a traballadora, neste caso, ou traballador que conservan seu emprego. Os demais, os que formamos parte deste proceso finxido, non só somos puteados, non só somos vítimas desa conduta caciquil, senón que somos quen financiamos cos nosos impostos eses contratos fraudulentos, que non deberían ser financiados con subvencións senón coa reportación dos socios.
Hoxe pasei pola oficina de emprego do SPEG para consultar outra oferta semellante (titor-formador de empresa) que seica están moi de moda últimamente. No SPEG díxerome que chamaran dende DOWN Ourense pàra botarlle unha rifa por terme facilitado os datos da entidade ofertante. Pois ben, resulta que a inepta que chamou, pois non pode dárselle outro nome, non o fixo para despexar as dúbidas sobre a obriga que teñen de chamar ao 100% das persoas cuxo CV lles envían, cousa que lle deberón deixar ben clariño, senón para saber porque a un demandante se lle facilitan os datos da entidade que recibe o seu CV. Pois para que o saiban tódolos demandantes de emprego aclároo aquí: se unha entidade (empresa, asociación, fundación,... o que sexa) recibe do SPEG o teu CV do mesmo xeito o demandante ten dereito a coñecer que entidade os ten.
A verdade é que non é de estranar nada do sucedido, as entidades sen ánimo de lucro funcionan así, e esta tampouco é a excepción. Por iso, fai xa tempo que comprendín que a meirande parte deses postos de traballo, de responsabilidade ou non, están reservados ao máis inepto desta sociedade. Parabéns! En Down Ourense tendes a campiona!
lunes, 26 de septiembre de 2011
A Asociación de Vítimas do Caciquismo nos medios
Dá que pensar que un galego sinta a necesidade de constituír unha fundación de vítimas do caciquismo e tomouse a molestia de facelo. Pero debe facer pensar sobre todo aos responsables de organizacións ás que pertencen quen seguen prácticas caciquiis. Que non poden circunscribirse a un partido ou outra institución. Ter a xente así en casa é unha ameaza. Hai que facer limpeza.
Nas redes sociais de novas, en menéame, en chuza! e en chuza! Por partida dobre.
En V Televisión ao mediodía e V Televisión pola noite do luns, día 26 de setembro
... e ao día seguinte, o 27 en Radio Voz (mágoa non dispor do podcast)
domingo, 25 de septiembre de 2011
Cacique do ano 2011
Co gallo de que pronto finaliza o ano dende a AVC queremos premiar ao cacique do ano, quen cres que foi o maior cacique do ano?
O gañador do ano 2011 terá un dobre premio: primerio, o noso recoñecemento público e, segundo, o seu nome servirá para denominar ao premiado nos anos vindeiros. Por exemplo, de gañar José Luís Baltar o premio denominarase no ano 2012 e seguintes "Premio José Luís Baltar"
A lista de candidatos non é cerrada, calquera seareiro poderá facer a súa proposta no campo "engadir opción"
VOTA!
viernes, 23 de septiembre de 2011
Unha onda caciquil arrasa coa honestidade dos políticos ourensáns
A nova contratada, María Fernández, asegurou que si o seu nomeamento pode "supor un problema moi grande ao alcalde, ao Concello ou ao concellal de Facenda", irase. "Este é o traballo da miña vida", afirmou Fernández, "o posto ten desvantaxes políticas, pero eu non podo negar que son filla de quen son". "Confiaron en mín e non os vou por nun apreto", conclúe. A nova técnico é licenciada en Dereito, Publicidade e Relacións Públicas e foi directora de campaña do PSOE nas pasadas municipais. Cesará no seu posto cuando Rodríguez deixe de ser Alcalde.
Baltar convirte en funcionarios a 15 cargos máis do PP e familiares seus
Entre os novos funcionarios figuran María Pilar García Tizón, concellala do PP en Cea; Nicolás Pérez Pereira, fillo do alcalde de Padrenda; Diego Paz Taín, concellal de Verea; María Jesús Casas Nieto, filla do exchófer do vicepresidente da Deputación e portavoz do PP no Concello de Ourense, Rosendo Fernández; Javier Fernández Varela, sobriño do alcalde de Boborás, e Avelino Pazos Pérez, número dous do PP en Castrelo de Miño e membro da executiva provincial deste partido. Xunto a eles, a filla do alcalde de Cea, José Luis Valladares, que tras quedar sen escaño na Deputación, decidiu subirse o soldo no Concello un 70% e cobrar das arcas municipais arredor de 34.000 euros anuais. Co acceso desta filla á institución provincial, Valladares suma xa cinco familiares empregados por Baltar.
Sen ánimo de lucro
Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven subsidiados, e viven duns fondos que na maioría dos casos van destinados a colectivos desfavorecidos, para a súa defensa, para a súa integración, para a súa atención. Dáme moito noxo observar como quen realmente saca proveito deses fondos non son directamente eses colectivos aos que supostamente van dirixidos, senón fracasados aspirantes a funcionarios que atopan aquí unha alternativa de traballo, sen necesidade de ter que cravar os cóbados nunha mesa para opositar e aprobar, competindo con moitos outros aspirantes para ocupar unha mesma praza nunha administración pública, quen realmente debería prestar eses servizos que se subvencionan, Aquí, nas asociacións, non hai rivais, simplemente cumpre ser un bo cacique (no sentido pexorativo da verba), un mamón vaía, e mamar na persoa adecuada.
"O gasto en axudas para nós é intocable"
O presidente da Xunta de persoal, Julio Domínguez (USO) concocará unha reunión extraordinaria a próxima semana para abordar non só a revisión das axudas senón tamén outras cuestións como "os contratos que fan (o grupo de goberno) e non nos facilitan, nin as horas extras, nin outro tipo de información xa que hai un oscurantismo total". Sobre a revisión do acordo, do que asegura que non se lles informou oficialmente dende Recursos Humanos, asegura que "o gasto das axudas para nós é intocable. Ao mellor pódese distribuiír doutro xeito o diñeiro pero non recortalo". E é que, segundo el "o que queren con esta medida e botarnos (aos funcionarios) á opinión pública enriba. E iso, engande, "a pesar de que hai moito onde recortar. Sin ir máis lonxe a Concelleira non electa de Persoal (Carmen Rodríguez Dacosta), cando ten 11 edís o PSOE e 3 máis o BNG (todos con adicación exclusiva) ou o feito de traer un xefe de servizo da Xunta habéndoos na casa ou de contratar un director xeral de Rehabilitación Urbana (Xosé Carballido Presas) que non é necesario". Visto nna nova: "O Concello de Ourense intenta baixar o gasto en axudas aos seus empregados"
No Concello de Ourense "Contrataron 50 persoas desde o 22-M, entre elas á filla do edil de Economía"
Na súa crítica á política de persoal do bipartito ourensán, USO apunta ao «malgasto» na contratación de persoas desde as últimas eleccións municipais. Segundo unha denuncia sindical, desde o pasado 22 de maio PSOE e BNG contrataron ao redor de cincuenta persoas. Entre elas, segundo as mesmas fontes, atópase a filla do concelleiro de Economía, Facenda e Policía Local, Agustín Fernández, que se incorporou ao seu posto de traballo como técnica de Comunicación e Relacións Públicas fai tan só uns días. A filla do edil socialista foi, ademais, a encargada de dirixir o gabinete de prensa da campaña do PSOE nas últimas municipais.

