martes, 30 de agosto de 2011

Caciquismo formativo, oscurantismo informativo

29 de abril de 2011. Celébrase as Xornadas de Inserción e Formación Ocupacional en Ourense no marco do Proxecto Auria Inserta. Un dos poñentes desa tarde, José Jaime López Cossío, Director de Laudantis, trata de convencer a audiencia da estraña relación entre a mala formación das persoas e o desemprego. Resume a súa intervención dicindo que “a mellor formación máis ingresos”. Veremos que non é certo, pero non fai falla ser un lumbreras para realizar semellante afirmación; moito menos pagarlle para que o diga. Interveño na quenda de preguntas e poño en dúbida canto dixo ao non ter en conta nos datos ofrecidos a relación entre formación dos e das empresarias e a evolución das nosas empresas, como si a transformación do mercado de traballo dependese en exclusiva da boa ou mala formación dos empregados, sen exixencia algunha a quen os contrata. Non só considero que a clase empresarial teñen moito que ver senón que os responsabilizo a eles e elas da deriva económica actual, en canto a formación se refire, formación que está encamiñada a un único obxectivo: facer caixa conta de fondos europeos destinados a tal fin. O Señor Cossío, molesto coa miña pregunta, di que a súa intervención non vai dirixida a empresarios senón a buscadores de emprego e interpela a sala: “si hai algún empresario presente, que levante a man”. Algunha levantouse.

Erguéronse moitas menos das que había. Diante miña tiña a Francisco Novoa, dono de Academia Postal, empresario e fillo predilecto de Maceda. Non sabía onde meter as súas mans, seguramente naquel intre desexaría ser manco, abofé, pero as mans non as levantou. Avergoñábase acaso de ser empresario? Quizais o que lle daba vergoña e ser empresario do modo en que o é, perdendo soamente a vergoña na intimidade dos corredoiros das administracións públicas onde asexa na procura de axudas e concesións públicas para a súa empresa.

Ese xesto confirmoume moitos dos rumores que circulan pola cidade de Ourense, especialmente no ámbito formativo. Un segredo a voces que, polo visto, só descoñecen nos cuarteis da postal. Ese xesto é sintomático do bo cacique que leva acochado. Estar presente ao tempo que ausente. Presente para dar validez a unha acción a vez irrelevante e custosa. Ausente para non restar protagonismo aos convocantes do acto. Son desas actuacións que perseguen reforzar seu propio sector e por engadido seu propio negocio.

Ditos. O que cala outorga, hai silencios que matan,... moito se ten dito e escrito sobre os significados do silencio na nosa sabedoría popular. A veces os silencios rachan e con el a realidade. Feitos. Este mesmo ano escoitei varias veces unha mesma afirmación: "o dono de Academia Postal obriga aos Formadores Ocupacionais a devolver parte dos cartos que lle abona polos servizos prestados, baixo ameaza de que, de non facelo, non traballarán máis para eles". Como eu nunca me vira en tal situación, pois non traballei para eles (afortunadamente), non daba creto. Pero cando se escoita unha e outra vez a mesma cantilena... xa saben, "cando o río sona é que auga leva".

Para alguén pertencente ao ramo da formación de persoas é indignante coñecer que alguén realiza semellantes prácticas mafiosas, máxime cando é unha Orde, unha norma, a que establece o que debe cobrar un docente de Formación Ocupacional; como tamén se establece na Orde o espazo dunha aula, os recursos a disposición dos alumnos,.... Todo iso non vale nada. Nada se cumpre. Sen embargo, para quen busca (buscamos) emprego, moitas veces, non queda outra que apandar. Para quen, coma min, pouco lle debe a semellante personaxe e pouco agarda del e dos que son coma el (ver CEO, outro bo exemplo de dilapidamento de recursos públicos) non ocultamos o que nos parecen esas prácticas. O cualificativo bule na miña cabeza e seguramente tamén na súa que está a ler isto. Si, xa, iso mesmo. Quen lle quita a outro o que lle pertence, quen se apodera do que non é seu, por moitas voltas que se lle dea, con ou sen sentencia condenatoria, iso é ratear.

Alguén pode pensar, "si o fillo predilecto de Maceda é así, como serán os demais?" Erra ao pensar así. A verdadeira interrogante que debe formularse toda persoa é a seguinte, “si o fillo predilecto de Maceda é así, como será quen lle outorgou semellante distinción?”. De tódolos xeitos que cada quen se pregunte o que queira… a maioría, ben sei, calará e agardará pola súa oportunidade… de coller cacho.

Cando presentei a reclamación que se pode ver máis abaixo dixéronme que a Academia Postal non tiña por norma devolver cartos aos alumnos descontentes, polo tanto que nada me ían voltar. Normas!? Eu respondín con outra interrogante: E logo, acaso teñen por norma esixir a devolución de cartos aos seus docentes? Fíxose o silencio. Cada quen pon as normas que lle peta, legais ou non. Todo depende da situación que ocupes respecto aos demais. Eu tamén teño miñas propias normas, así non permito que ninguén me tome o pelo e me roube un can e, cando iso sucede, pido contas.

Entre as normas da postal tampouco están a promoción do galego, por máis que loara nese senso o alcalde caciquintanista de Maceda cando o nomeu fillo predilecto da vila (todos saben que se trataba dunha manobra para evitar que este “suposto socialista” se presentase a alcalde polo PP da man de Feijóo, cousa que na comarca os díxome-díxome daban por feito). Tampouco ten por norma competir no mercado do ensino en igualdade de condicións. El utiliza unha pseudoasociación para ter uns empregados (orientadores) remunerados con fondos públicos para dar clases, amais de utilizar esa suposta "orientación" para acceder a unha base de datos de buscadores de emprego desempregados para recrutar candidatos a opositar para a administración pública. Recoñezo que eu son un dos que caeu na súa trampa.

Perante unha situación así soamente queda reporse. De aí a miña reclamación. Por escrito porque así ma pediron. O que non recibín logo, nin por escrito nin doutro xeito, foi unha resposta, moito menos unha desculpa. Si o ingreso de canto lles reclamaba.

Significa o feito de que me devolvesen os cartos que lles reclamaba que canto afirmo é certo? Non. Nin o contrario. Cada quen pode pensar o que lle pareza.

2 comentarios:

  1. Yo soy formadora que ha vivido esta situación, no en Ourense, en otra provincia.
    No acepté la coacción del empresario, aguanté su acoso, sus amenazas y hasta que me dasapareciera material privado de trabajo en la hora de descanso.
    Denuncié la situación al responsable de la Consellería de Traballo que seguía el funcionamiento de la acción formativa....Todo quedó en buenas palabras y una promesa firme de que esa centro no iba impartír ni un sólo curso del plan AFD en el futuro.
    Esto ocurrió el año pasado, y... ¡sorpresa! en la actualidad en este centro se está impartiendo un curso de más carga horaria, por lo tanto mayor presupuesto y supongo que la empresaria habrá encontrado algún formador que haya "pasado por el aro" de devolverme el 33% de la nómina que supuestamente tiene que cobrar.

    ResponderSuprimir
  2. Cuando los funcionarios encargados de la supervisión hacen caja permitiendo el "ahorro" de los centros de formación ocurren estas cosas: Funcionario gana dinero, Centro de Formación gana dinero, Trabajador se va sin formar. Que opinará de esto el Sr. Cossío

    ResponderSuprimir