martes, 25 de octubre de 2011

É a hora de dar un paso adiante. Vai?

A Asociación de Vítimas do Caciquismo precisa que seus seareiros dean un paso cara diante e tomen as rendas da mesma. Si algo caracterizou a AVC deica agora foi o seu carácter apartidario, realizando denuncias contra diferentes administracións públicas e entidades privadas independentemente da cor política que as goberna. Considero que esa é unha característica necesaria para que os obxectivos desta asociación se cumpran, de modo que, quen desexe continuar este proxecto ningún dos responsables deberían pertencer a partido político algún. Eses trazos de alleabilidade que deica agora reunía a miña persoa, dende que se promoveu a devandita asociación, ate o día de hoxe, no que o BOE publica as candidaturas ao Congreso e ao Senado para as eleccións xerais do 20 de novembro, perdeuse, xa que formo parte da candidatura de eQuo Ourense a Cámara alta, na condición de suplente da nosa candidata no posto número 1, María José Rodríguez López.

Entrementres, queda posposta a constitución da Asociación de Vítimas do Caciquismo, prevista para o 28 de Outubro, agardando que outras persoas que, cumprindo a máxima de ecuanimidade política, desexen seguir adiante con este proxecto, tan necesario para a nosa sociedade, un proxecto que trata de deseñar o verdadeiro perfil do cacique, unha persoa que delinque na procura dos seus intereses, e que o fai en grupo, apoiándose nunha organización criminal mafiosa, a que eles chaman partido político. Galicia ten a necesidade de facer visible a crueldade dos seus actos criminais así como que, detrás de cada un deses actos, hai sempre ducias de vítimas que sobreviven entre os seus opresores ou se ven na obriga de marcharse desta benquerida terra.

Entanto, a Asociación de Vítimas do Caciquismo, seguirase facendo eco sobre cantos casos teña coñecemento, mais non coa imparciabilidade (si iso se pode dicir en canto que a maioría das denuncias están fundadas no que ocorre a meu redor) que deica agora a caracterizaba.

O que nunca deixarei de facer, a modo persoal, e silenciar canto acto caciquil se me presente diante, ben afectándome a min persoalmente, ben a persoas do meu contorno. Sempre me atoparedes fronte aos caciques, fronte aos criminais que nos gobernan.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada